Presentamos o «I Xacobeo International Clarinet Competition».

Enmarcado no Xacobeo Clarinet Fest 2023 celebraremos a primeira edición do concurso internacional de repertorio orquestal “I Xacobeo International Clarinet Competition”.

O obxectivo do concurso internacional de repertorio orquestal é abrir as portas e potenciar o mundo orquestal a todos/as os participantes.

O concurso está dirixido a alumnos/as que cursen ou cursasen estudos superiores ou másteres, ou ben que acrediten o nivel necesario.

Gracias a este concurso poderán optar, como premio, a participar como músicos activos durante o temporada de concertos (2023/2024) en tres grandes orquestras internacionais: a Orquestra Sinfónica de Galicia, a Real Filharmonía de Galicia e a Orquestra de Guimarães.


INSCRIPCIÓNS:

A inscripción ao concurso implica a aceptación das presentes bases.

Os aspirantes deben ser cidadáns da Comunidade Europea ou ter a súa residencia fiscal na mesma.

A data límite de inscripción será o día 7 de xullo de 2023 ás 23:59h e realizarase enviando o formulario que deixamos a continuación completamente cuberto.

No caso de ser premiado un menor de idade, deberá contar coa autorización do pai, nai ou tutor legal.

A inscripción será gratuita para o alumnado activo do Xacobeo Clarinet Fest 2023 e terá un prezo de 50€ para as demáis persoas interesadas. Deberase indicar como concepto: «CONCURSO ORQUESTRA» seguido do nome do participante e o ingreso realizarase na siguiente conta bancaria:

ES24 2080 0051 8430 4001 8369

Beneficiario: EsMúsica Gestión & Servicios Culturales

Calqueira inscripción realizada posteriormente á data anteriormente mencionada ou incompleta darase por nula.


FASES E REPERTORIO ORQUESTRAL:

O concurso constará de 2 fases, unha fase previa a través de vídeo coa que se realizará unha preselección dos candidatos a participar na fase final que terá lugar no Salón Teatro do Auditorio Municipal de Lalín o xoves 20 de xullo de 2023.

A organización resérvase o dereito a convocar aspirantes o venres 21 de xullo en caso de que sea preciso.

Os fragmentos indicados serán extraídos do libro ORCHESTER PROBESPIEL Test Pieces for Orchestal Auditions (Hepp/Rohde) para clarinete da editorial PETERS.


Fase Previa:

Deberase enviar ao correo concursoxacobeoclarinet@gmail.com unha grabación do seguinte repertorio:

  • Exposición del I Movimiento del Concierto de W. A. Mozart (ata o compás 154).
  • Beethoven: Sinfonía nº 6 (1º, 2º y 3º mov.).
  • Mendelssohn: Sueño de una Noche de Verano.
  • Kodaly: Danzas de Galanta.
  • Shostakovich: Sinfonía nº 9.

A grabación estará nun solo corte e poderase visualizar completamente ao intérprete. O formato admitido será mp4.

O tribunal desta fase estará composto por Juan Ferrer e Xocas Meijide, contando coa colaboración do profesorado do Xacobeo Clarinet Fest 2023.


Fase Final:

Os candidatos seleccionados pasarán á última fase que terá lugar o xoves 20 de xullo, durante a celebración do Xacobeo Clarinet Fest 2023.

A última fase será presencial e nela deberanse interpretar os seguintes solos:

A parte dos solos da fase previa:

  • Exposición del I Movimiento del Concierto de W. A. Mozart (ata o compás 154).
  • Beethoven: Sinfonía nº 6 (1º, 2º y 3º mov.).
  • Mendelssohn: Sueño de una Noche de Verano.
  • Kodaly: Danzas de Galanta.
  • Shostakovich: Sinfonía nº 9.

Completarase con:

  • Beethoven: Sinfonía nº 8.
  • Shostakovich: Sinfonía nº 9 (2º mov.).*
  • Rimski Korsakov: Capricho Español.*
  • Stravinsky: Variaciones del Vallet Pájar de Fuego.
  • Respighi: Pinos de Roma.

O tribunal indicará que solos ou que fragmento de eles deberanse interpretar nesta fase.

*A organización proporcionará aos seleccionados os fragmentos das obras que non se atopen no ORCHESTER PROBESPIEL Test Pieces for Orchestal Auditions (Hepp/Rohde) para clarinete da editorial PETERS.

Citarase aos seleccionados para realizar o sorteo do orden de participación antes do comenzo desta fase. Indicarase a hora concreta aos seleccionados.

O tribunal desta fase estará composto por:

  • Presidente_____ D. Juan Ferrer Cerveró (Clarinete Principal da OSG).
  • Secretario _____ D. Vitor Matos.
  • Vocais _____ Catro dos profesores do Xacobeo Clarinet Fest 2023.


RESULTADOS E PREMIOS:

Os resultados do concurso faranse públicos ese mesmo día mediante acta do tribunal exposta no tablón de anuncios do Auditorio Municipal de Lalín e a través dos canais dixitais do Xacobeo Clarinet Fest.

Coñece un pouco máis os detalles sobre o «I Concurso Internacional de Orquestra» que celebraremos no Xacobeo Clarinet Fest 2023.