Consulta o cartel oficial do Xacobeo Clarinet Fest 2023

Neste cartel podes consultar as agrupacións musicais, profesorado, marcas e demáis invitados á IV edición do Xacobeo Clarinet Fest.

Xa coñeces en que consiste o Xacobeo Clarinet Fest 2023?

O Festival e Academia Internacional de clarinete de Galicia 2023 desenvolverase entre os días 14 e 22 de Xullo de 2023, e pretende crear unha innovadora plataforma tanto artística como pedagóxica dirixida a un dobre destinatario. Por unha banda estará orientado a estudantes, clarinetistas profesionais e afeccionados e por outra banda aberto ao público en xeral.

Desta forma o proxecto eríxese coa idea de enriquecer as múltiples actividades culturais xa propostas polas diferentes institucións pedagóxicas galegas, tales como conservatorios superiores, profesionais, elementais ou as propias escolas de música, actuando así mesmo como vehículo de transmisión de valores para o conxunto da nosa sociedade.

O Festival e Academia conta con clarinetistas de diferentes nacionalidades, e presenta unha heteroxénea programación distribuída en concertos, exposicións, conferencias así como múltiples clases maxistrais realizadas polos artistas convidados.

Os concertos e clases maxistrais celebraranse en emprazamentos tales como a Praza da Igrexa, o Casino, o Museo Municipal Ramón María Aller Ulloa, o Auditorio Municipal, ou o emblemático e histórico Casino de Lalín, sempre co ánimo de abrir o festival ao conxunto da sociedade e acadar así unha maior difusión e asistencia, sendo os máis de 20 concertos, conferencias e exposicións de acceso gratuíto para o público en xeral.

Entre os artistas convidados á presente edición, contaremos coa presenza de doce recoñecidos clarinetistas como son o holandés Arno Piters, o australiano David Griffiths, o Húngaro-Rumano Tibor Reman, a canadiense Michelle Anderson, os italianos Lorenzo Coppola, Massimo Mazzone, Niccola Giammariano, os portugueses Vitor Matos e Sérgio Pires, os españois Juan Ferrer, Wolfgang Puntas, Josep Sancho, Josep Fuster, José Franch-Ballester e os galegos Xocas Meijide e Emilio Alonso Espasandín. Tamén con tres grandes pianistas: Alicia González Permuy, Pablo Rodríguez e Cristina Esclapez, considerados como os máximos expoñentes a nivel mundial dentro das súas especialidades.

Estarán presentes tamén os mellores constructores de clarinete do panorama mundial como son Selmer, Buffet Crampon, Patricola, Backun ou Yamaha, entre outras.

Celebramos a 1ª edición do «Concurso de Composición para clarinete Reveriano Soutullo».

Coñece aos patrocinadores que fan posible o festival: 

Ademáis, traballamos coas seguintes tendas de instrumentos:

· Musical Perales: https://musical-perales.es/

· Ópera Prima: https://www.operaprima.es

E as marcas BG, Vandoren, Zac Ligature, Boquillas Trigos e Boquillas Gleichweit. 


Consulta o programa de concertos para esta edición

Coñece un pouco máis sobre o Xacobeo Clarinet Fest 2023. Neste documento, explicamos en detalle a nosa proposta para esta nova edición chea de actividades e invitados.

Organización e agradecementos especiais: